PROXECTO PATCH WORK “Farrapos pola non violencia contra as mulleres”
Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela, 24 e 25 de novembro de 2004. As mulleres tecémo-la vida, e soños tan resistentes como a tea dunha araña. “Porque só o efémero permanece” “_ Ninguén pode comprar estos traballos, ninguén pode posuílos, ninguén pode comerciar con eles, ninguén pode cobrar entradas para o seu disfrute. Mesmo nós mesmos non podemos pusuílos. Estes traballos son acerca da liberdade, e a liberdade é inimiga da posesión, e posesión é equivalente a permanencia. É por iso que estes traballos deben ser efémeros”. Christo Javacheff “_ Cuando a arte independizada representa o seu mundo con brillantes cores, un momento da vida avellentou, e non é posible rexuvenecelo con esas cores. Somentes se deixa evocar como lembranza. A grandeza da arte non se fai evidente mais que cando recupera a vida”. Guy Debord, “A Sociedade do Espectáculo”. Nos sesenta, en Francia, nace unha corrente da arte baseada en rescatar nas súas distintas expresións artísticas a realidade con tódolos seus aspectos cotiás. A idea de que a vida fose un gran cadro, comprendía novas experiencias que terían como protagonista todo tipo de obxetos e mesmo arquitecturas. As grandes correntes artísticas do século XX dende o “ready made” de Duchamp, pasando polo Dadá e o Surrealismo, anticipan un cambio de soporte, unha innovación no concepto da arte. Yves Klein, Pierre Restany, Joseph Beuys ou Christo e Jeanne-Cleaude, Marta Minujín, entre outros/as, intentan o rescate da arte dos reductos tradicionais: museos, galerías, lugares ós que normalmente acude un público máis ou menos masivo. O proxecto consiste en urdir unha alfombra xigante a partir de restos textís, obtidos a través da colaboración con esta acción dos diseñadores e diseñadoras galeg@s, e do resto do estado, os cales serán unidos, cosidos por centenares de mulleres e homes. Dita alfombra xigante (8.000 m cadrados), que pretende rescatar e elevar á categoría de obra de arte o vello traballo de parches das mulleres de Nova Inglaterra, transmitido de avoas a netas, de nais a fillas, construiráse como una “alfombra-berro” para recordarnos a todos/as nese lugar tan emblemático, que a violencia contra as mulleres é unha das peores lacras da Humanidade. Por iso eliximos o 25 de novembre, “Día Internacional pola non violencia contra as Mulleres” para expresar de forma artística, pacífica e feminista, que as mulleres estamos para construir, para crear, para ser pares e por iso, poñemos parches de cores, para que a nosa situación a nivel mundial non se solucione con parches, senon con verdaderas medidas resolutivas. Como en anteriores ocasións, teremos especial coidado de non producir dano algún ó medio ambiente nin ás personas que estean transitando pola praza. Luz DARRIBA , Currículum abreviado Luz DARRIBA, artista plástica multidisciplinar nace en Uruguay, fórmase en Arxentina e vive e traballa en España dende 1990. Ten realizado máis de 250 exposiciones colectivas, 40 individuais e recibido máis de 50 distincións internacionais. Creadora de macroproxectos como Cumulum, (muralla de Libros, 600.000 libros alrededor da Muralla Romana de Lugo), ”Una Puerta hacia la Cultura” (envolvimento con 40.000 libros da Porta de Alcalá, Madrid 2001) e “Libres avec des livres” na Maison de UNESCO, Paris, entre outros, é presidenta da Fundación CUMULUM, crítica de arte, curadora independiente e Directora de ESMELGAR, Arte e Comunicación en Galicia. PROXECTO CUMULUM (Cultura, Muralla, Lugo, Millenium) “Unha muralla abierta ó mundo” LUGO, de abril a setembro de 2000 Intervención con máis de seiscentos mil libros ás Murallas Romanas de Lugo, de máis de 1700 anos de antigüidadade. Características do Proxecto Artístico, participativo, solidario, en defensa dol patrimonio e pola celebración do advenimento dol novo milenio. Recibíronse arredor dun millón de libros provintes de editoriais, escolas, bibliotecas, fundacións, museos, institucións, asociacións e particulares do estado español e distintos lugares do planeta. Foron embolsados con polietileno transparente para a súa mellor conservación ó ser expostos á intemperie, polos internos dos Centros Penitenciarios de Monterroso, Bonxe e Paradela, sen cuia inestimable e xenerosa colaboración non se podería ter realizado este proxecto. A muralla de libros foi realizada ca participativa e entusiasta colaboración do pobo de Lugo; miles de voluntarios/as de tódolos estamentos da sociedade, colocaron ganchos e libros arredor do mallado que bordeaba a muralla durantelos cinco meses que se emplearon en construir CUMULUM A case totalidade dos libros foron enviados pola UNESCO a desenvolver programas de alfabetización ou incentivación da lectura en América Latina. CUMULUM recibiu numerosas adhesións de personalidades como os premio Nobel, José Saramago ou Adolfo Pérez Esquivel, así como de múltiples institucións de recoñecido prestixio como UNESCO e universidades de moitos países. Asimesmo concitou a atención mediática dos principais medios de difusión do estado español e resto do mundo. Constituiu un récord Guinness como “a maior muralla de libros construida no mundo”. |
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home