Verbas a un irmao
MANUEL MARIA (Outeiro de Rei 1930) Escoita, irmao, as miñas verbas: son sinxelas e impuras como as verbas feridas co costelo dos beizos, cada dia. Vouche decir tan só que teño a miña mao tendida aberta, núa e viva como o mar. Que teño, irmao, maduro o corazón para gardar nel as verbas túas. Que a vida é moi fermosa aínda que hai homes que teñen os beizos emporcados con verbas de falsedá i o corazón podre polo odio, i as maos pingando sangue, i agachados, no fondo dos seus petos, en vixía, coitelos e pistolas asesiñas. ¿Que importa, irmao que morra o dia si a súa morte abre en nós a espranza do mencer? Non temas. Aínda o paxaro ten cancións i as estrelas se alcenden cada noite. c) MANUEL MARIA. c) Ed. Galaxia. Manuais. "Antoloxía da poesía galega (do posmodernismmo aos novos). Edición de F. F. del Riego. 1980 |
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home